Xornada 4 do Cto. España de Natación Alevín de verán

20210717_nat_cto_esp_alev_3

Duas medallas máis na derradeira xornada do VIII Campionato de España de Natación Alevín disputado en Tarragona.

Yoel Faro Martínez do C. N. Ponteareas conseguiu a súa segunda medalla de bronce, nesta ocasión en 100 braza de 14 anos con 1:11.28. Ademais foi décimo en 200 estilos.

Diego Suárez Martínez do Sporting Casino tamén acadou a súa segunda medalla, nesa ocasión de bronce en 200 costas de 13 anos con 2:26.76.

Outros nadadores finalistas foron:

Andrea Gudín Pérez do C. N. Monforte, sétima en 100 braza de 11 anos.

Carlota Gil Garnacho do Sporting Casino foi cuarta en 200 costas de 12 anos.

Sergi Navarro Losada do C. N. Ferrol foi cuarto en 200 costas de 14 anos.

Olivier Rocha González do C. N. Galaico foi cuarto en 400 libre de 13 anos.

Acceso á web de resultados