Xornada 3 do Cto. España de Natación Alevín de verán

20210716_nat_cto_esp_alev_2

Unha nova medalla na terceira xornada do VIII Campionato de España de Natación Alevín de verán.

Diego Suárez Martínez do Sporting Casino, proclamouse Campión de España Alevín en 100 costas de 13 anos batendo ademais a MMG 13 Anos con un tempo de 1:06.50, batendo tamén a MMG 13 na posta de 50 costas con 32.74.

Outros nadadores finalistas foron:

Tadeo Tabeira Olascoaga do C. N. Ferrol foi noveno en 200 bolboreta de 14 anos.

Sergi Navarro Losada do C. N. Ferrol foi oitavo en 100 costas de 14 anos.

Carlota Gil Garnacho do Sporting Casino foi sétima en 100 costas de 12 anos.

Acceso á web de resultados