María de Valdés, sexta no Preolímpico de Augas Abertas

A nadadora do C.N. Liceo María de Valdés Álvarez foi sexta na proba de 10K do Preolímpico disputado en Setúbal pero a pesar de facer unha gran competición e estar entre as 10 primeiras posicións que daban acceso aos XXOO, ao ser a segunda nadadora española da proba non acada a clasificación.