Campionato Galego de Natación Artística

20210610art_cartel

A fin de semana vaise disputar na piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato Galego de Natación Artística de verán no que participan 8 clubes. A competición alevín e infantil consta de figuras, rutinas libres de dúo, equipo e rutina combinada.

En categoría júnior a competición consta de Rutinas Técnicas de solo, dúo, equipo e Rutinas Libres de dúo, equipo e highlight.

En categoría sénior a competición consta de Rutina Highlight.