XLIX Trofeo Pedro Escudero

20210529_nat_pedro_escudero

O sábado disputouse na piscina Rosario Dueñas de Ourense a XLIX edición do Trofeo Pedro Escudero, un dos de máis tradición en Galicia, no que se bateron un Record Galego e dúas Mellores Marcas Galegas.

Miguel Martínez Novoa do R. C. N. Vigo estableceu un novo Récord Galego na proba de 400 estilos cun tempo de 4:26.60.

Sofía Carballo González do C. N. Ponteareas bateu a Mellor Marca Galega de 15 anos en 100 braza cun tempo de 1:12.25.

Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico bateu a Mellor Marca Galega de 16 anos en 200 costas cun tempo de 2:22.39.

Acceso á web dos resultados