Liga Galega de Wáter-polo

Esta fin de semana disputouse unha nova xornada da Liga Galega de Wáter-polo en categorías feminina e masculina da División de Honra cos seguintes resultados:

Liga feminina D. Honra: vitoria a domicilio do R. C. N. Vigo na súa visita ao C. W. Lugo (1-17).

Liga masculina D. Honra: vitoria local do C. W. Santiago diante do C. W. Pabellón Ourense (22-2) e vitoria a domicilio do R. C. N. Vigo diante do C. W. Coruña Rías Altas (7-20).