Os nadadores bolseiros do CGTD Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo, Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo, Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa e Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas están concentrados co Equipo Nacional Júnior en Sierra Nevada.
Paula e Ana están preparando o Campionato de Europa Júnior e Carla e Pablo están co Equipo ESP-2024.
A esta concentración que comezou o día 9 e remata o 26 de maio, tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.