Campionato de Europa Absoluto de Natación

20210517_cto_europa_budapest

Está a disputarse en Budapest o Campionato de Europa Absoluto de Natación no que vai participar a nadadora do C.N. Liceo, María de Valdés Álvarez. Despois de renunciar á súa participación na proba de Augas Abertas, hoxe luns terá a súa primeira proba en piscina, os 800 libre. O xoves nadará os 1500 libre e o domingo os 400 libre.

Neste campionato tamén están representando ao Comité Galego de Árbitros, María Carmen Lestón e Patricio Sánchez, na modalidade de Augas Abertas.

Acceso á web dos resultados.