Liga Galega de Figuras de Natación Artística

20210419_art_figuras_alev

20210419_art_figuras_inf

O sábado disputouse na piscina do CD Rías do Sur de Pontevedra a 3ªX da Liga Galega de Figuras de Natación Artística, na que se entrgaron as medallas ás tres primeiras clasificadas de cada categoría, despois de sumar as puntuacións acadadas nas tres xornadas. Tamén se entregaron medallas ás tres primeiras por ano de nacemento.

En categoría alevín as vencedoras foron: Alejandra Baliñas López do C Sincro Ourense, segunda foi Carmen Fuertes López do Sporting Club Casino de A Coruña, e terceira Candela Pazo Montesinos do R.C.N: Vigo.

En categoría infantil Daniela Suárez Fernández do C Galaico Sincro foi primeira, seguida de Helena López Castrillo do Centro Deportivo D10 e terceira Blanca Fidalgo García do R.C.N. Vigo.