O R. C. N. Vigo, Campión Galego cadete de wáter-polo

20210419_wat_cto_cadete

O R. C. N Vigo proclamouse onte Campión Galego cadete de wáter-polo ao impoñerse na final ao C. W. Coruña Rías Altas por 17-5.

No encontro polo terceiro e cuarto posto, o C. W. Santiago venceu ao Asociación Coruñesa de Waterpolo por 14-3.

Nas semifinais, o R. C. N. Vigo superou ao C. W. Santiago (13-9) e o C.W. Coruña Rías Altas ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (18-6).