Xornada 3 do Cto. de España Absoluto OPEN - Cto España Júnior

20210326_nat_OPEN_de valdes

María de Valdés, campioa de España absoluta en 1500 libre e clasificada para o Campionato de Europa Absoluto de Budapest.

A nadadora do C. N. Liceo proclamouse hoxe campioa de España Absoluta en 1500 libre cunha marca de 16:18.37. Este primeiro posto permítelle clasificarse para o Campionato de Europa Absoluto que se vai disputar en Budapest do 17 ao 23 de maio. Lembremos que María tamén está clasificada para o Campionato de Europa Absoluto de Augas Abertas.

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD foi segunda en 1500 libre júnior (cuarta absoluta) cunha marca de 16:45.64 que e a súa segunda mínima para o Campionato de Europa Júnior.

Outros nadadores destacados que acadaron postos de finalista foron:

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD, cuarta en 200 costas júnior cun un tempo de 2:17.47, establecendo unha nova Mellor Marca Galega de 17 anos.

Rosalía Marín Martínez do C. N. Coruña e bolseira do CGTD foi sexta en 200 costas júnior con 2:19.40.

Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi oitava en 1500 libre júnior con 17:33.31 e décima en 200 costas con 2:26.17.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD foi quinto en 800 libre júnior con 8:27.68.

Mario Méndez Puga do C. N. Vigo Rías Baixas foi sexto en 800 libre júnior con 8:28.80.

Carlos Souto Vilas do C del Mar e bolseiro do CGTD foi sétimo en 100 braza júnior con 1:06.62.

Resultados completos