Xornada 1 do Cto. de España Absoluto OPEN - Cto España Júnior

20210324_nat_OPEN_valdes_otero

20210325_nat_OPEN_cernadas

Catro medallas, unha mínima para o Campionato de Europa Júnior e un Récord Galego na primeira xornada do XXI Cto de España OPEN Absoluto e XXXVII Cto España Júnior que comezou a disputarse hoxe en Sabadell.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo foi segunda en 800 libre absoluto con un tempo de 8:38.88

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD foi primeira júnior e terceira absoluta en 800 libre con un tempo de 8:40.38 acadando a mínima para o Campionato de Europa Júnior que se disputará do 6 ao 11 de xullo en Roma e batendo o Récord do Campionato Júnior. Paula tamén nadou 100 libre clasificándose no sexto posto júnior con 58.51.

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD, foi terceira en 100 costas júnior con un tempo de 1:03.99 establecendo un novo Récord Galego.

Outros nadadores destacados foron:

Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa e bolseira do CGTD, cuarta en 100 libre júnior con 58.37

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD, cuarto en 1500 libre júnior con 16:07.25

Mario Méndez Puga do C. N. Vigo Rias Baixas foi oitavo en 1500 libre júnior con 16:19.49

Rosalía Marín Martínez do C. N. Coruña e bolseira do CGTD foi oitava en 100 costas júnior con 1:05.11

Resultados