Tecnificación de Natación Artística

20210321_art_tecnificacion

Intensa xornada de tres días en sesións de mañán e tarde do programa de tecnificación de Natación Artística dirixido por Sandra Montes en Pontevedra no que participaron máis de 50 nadadoras e que comezou o venres festivo na piscina do CD Rías do Sur co traballo das categorías infantil e alevín. O sábado na piscina do CGTD e o domingo, de novo na piscina do CD Rías do Sur, foi o turno das nadadoras de categorías pre-alevín, benxamín e pre-benxamín.