Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta fin de semana, disputouse a xornada 12 da División de Honra Masculina. O C.N. Sant Andreu, onde xoga o ferrolán Óscar Montes, venceu ao C.E. Mediterrani por 12-11. O C.N. Sabadell, onde milita o pontevedrés Alejandro Andión, empatou no seu partido fronte ao C.N. Terrassa 11-11.

En categoría feminina, o C.D. Waterpolo 98 02, onde xoga a pontevedresa Marina Casado, viu como se aprazaba o seu encontro fronte ao Canoe.

As deportistas de Pontevedra, Andrea Andión e Izaskun Tellería, que están a disputar a máxima categoría feminina en Portugal, perderon o seu partido por 8-11 fronte ao Real Clube Fluvial Portuense.