XXII Campionato de España Infantil e Alevín de inverno de Natación Artística

Rematou o XXII Campionato de España Infantil e Alevín de inverno de Natación Artística disputado en Lloret de Mar con bos resultados das nadadoras de clubes galegos, sendo o máis destacado, a medalla de prata de Daniela Suárez en figuras infantil e a clasificación do C. Sincro Ourense e o C. Galaico Sincro para o Campionato de España Infantil de verán de primeira división.

En categoría alevín so houbo participación en figuras, destacando Carmen Fuertes López do Sporting Casino de A Coruña no posto 25 na estrea deste Club en competición nacional, Candela Pazo Montesinos do RCN Vigo posto 34, Alejandra Baliñas López do C. Sincro Ourense no posto 40, Paula Alonso Rodríguez do RCN Vigo no posto 70 de un total de 225 participantes.

En categoría infantil, o máis destacado foi a medalla de prata de Daniela Suárez Fernández do C. Galaico Sincro en figuras (ano 2008) e posto 17 xeral, Blanca Moyano Solís do C. Sincro Ourense posto 30, Estela Ojea Vázquez do C. Sincro Ourense posto 50, Iria Fernández Rodríguez tamén do C. Sincro Ourense posto 51 ou Blanca Fidalgo García do RCN Vigo co posto 61, de un total de 314 participantes. Na rutina combinada libre de categoría infantil, o C. Sincro Ourense acadou o posto 16 e o C. Galaico Sincro o posto 17.

Na clasificación final por clubes de categoría infantil, o C. Sincro Ourense foi 15º e o C. Galaico Sincro 16º co que se clasifican para o Campionato de España Infantil de verán de 1ª División.

Resultados completos