Posto 11 de María de Valdés en Doha

20210313_aua_maria_doha_2

Destacada participación da nadadora María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo na primeira etapa do FINA Marathon Swim World Series disputado en Doha (Qatar) conseguindo a 11ª posición a tan so 7 segundos da vencedora, a brasileira Ana Marcela Cunha, varias veces campioa mundial.

María foi a primeira española clasificada nunha proba na que houbo unha gran participación internacional xa que estaban varias das mellores nadadoras da especialidade, algunhas delas xa clasificadas para os XXOO e outras que serán rivais no preolímpico.

Resultados completos