Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta semana, o Astrapool C.N. Sabadell, onde xoga o pontevedrés Alejandro Andión, pasou a cuartos de final da Eurocup de Wáter-polo despois de superar ao C. E. Mediterrani por 6-17. A semana que vén, tanto o C. N. Sabadell, como o C. N. Sant Andreu no que xoga o ferrolán Óscar Montes, disputarán a Copa do Rey de Wáter-polo.

En categoría feminina, o C .D. Waterpolo 98 02, no que xoga Marina Casado, viu o seu partido aprazado fronte ao Real Canoe.