Novas medidas fronte a COVID-19

A Xunta de Galicia ven de publicar no día de onte a través do decreto 26/2021 e a orde do 15 de febreiro, a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén se inclúe unha guía interpretativa das medidas preventivas de aplicación ao Deporte Galego.

- Orde do 15 de febreiro de 2021.
- Decreto 26/2021.
- Guía interpretativa medidas deporte.