Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta fin de semana, só houbo xornada de Primeira Nacional Feminina, onde xoga a pontevedresa Marina Casado no CD Waterpolo 98 02, que se enfrontou ao UE Horta con vitoria 11-9, cun gol da pontevedresa.

Os equipos de División de Honra Masculina onde xogan o ferrolán Óscar Montes e o pontevedrés Alejandro Andión non disputaron partidos esta fin de semana por ter rematado a primeira fase de grupos.