Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta fin de semana, na Sant Sebastià, xogouse un bo partido entre o Zodiac C. N. At. Bareceloneta e Astralpool Sabadell, onde milita o pontevedrés Alejandro Andión, con derrota para o Sabadell por 11-6. Mellor sorte tivo o C. N. Sant Andreu, onde xoga o ferrolán Óscar Montes, que venceu o seu partido fronte ao C. W. Navarra por un axustado 6-7.

En categoría feminina, o C.D Waterpolo 98 02, onde xoga Marina Casado, disputou o seu partido fronte ao C .N. Ciudad de Alcorcón, con vitoria por 11-15.