Paula Otero, Carla Carrón e Pablo Cabana co Equipo Nacional Júnior

Os nadadores bolseiros do CGTD Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo, Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa e Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas, están convocados para participar nunha Concentración de Preparación Específica co Equipo Nacional Júnior de Natación (ESP-2024) que terá lugar en Las Palmas de Gran Canaria do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro.

A esta concentración tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.