XII Campionato de España de Longa Distancia

20200131-.nat_cto_esp_LD

Tres medallas e unha Mellor Marca Nacional dos nadadores de clubes galegos no XII Campionato de España de Longa Distancia disputado este domingo no CAR de Sant Cugat.

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España na proba de 5000 m libre de categoría Júnior-1 establecendo una nova Mellor Marca Nacional de 17 anos cun tempo de 58:20.88.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas en bolseiro do CGTD proclamouse campión de España na proba de 5000 m libre de categoría Júnior-1.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo proclamouse subcampioa de España en 5000 m libre de categoría sénior.

A nadadora Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya e bolseira do CGTD foi terceira en 5000 m libre de categoría Júnior-2.

Na clasificación por clubs, o C. N. Ponteareas foi cuarto tanto en categoría masculina como feminina. Empatado no cuarto posto en categoría feminina quedou C. N. Arteixo, e o C. N. Liceo foi oitavo.

Páxina de resultados