Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

20210124_wp_nac

Intensa xornada para o C. N. Sant Andreu, onde xoga o ferrolán Óscar Montes. O equipo xogaba unha importante xornada contra o Quadis C. N. Mataró pola terceira praza do grupo, conseguindo unha importante vitoria por 11-9.

Pola súa banda, o C N. Sabadell, onde xoga o pontevedrés Alejandro Andión, conseguiu unha vitoria por 4-17 fronte ao C. W. Navarra, onde o xogador galego estreou a súa conta goleadora en división de honra, facendo 3 goles. O próximo partido enfrontará aos dous xogadores galegos nun bonito encontro o vindeiro 30 de xaneiro.

En categoría feminina, o C. D. Waterpolo 98 02, onde xoga a pontevedresa Marina Casado, conseguiu unha vitoria por 10-17 fronte á E. W. Zaragoza, con 3 goles da xogadora galega. O próximo partido será fronte a Colexio Brains a vindeira semana.