Aprazamento Campionatos Galegos de Natación e Máster

Debido á situación actual, agravada nos últimos días, non hai instalacións dispoñibles para poder albergar competicións cunha participación elevada, como é o caso dos Campionatos Galegos de natación. Así, a Xunta Directiva da FEGAN, en reunión celebrada onte xoves, decidiu APRAZAR os tres seguintes Campionatos Galegos de natación previstos no calendario: Campionato Galego Máster de inverno, Campionato Galego Alevín de inverno e Campionato Galego infantil-júnior de inverno e Copa sénior.

En canto mellore a situación, e póidase dispoñer de instalacións, tentarase a súa celebración.