Paula Otero e Carla Carrón co Equipo Nacional en Terrassa

As nadadoras bolseiras do CGTD, Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa están convocadas para participar co Equipo Nacional ESP-2024 no OPEN de Cataluña que se disputa en Terrassa do 14 ao 17 de xaneiro. Paula participará en 100, 200, 400, 800 e 1500 libre e 200 bolboreta. Carla en 50, 100, 200 e 400 libre.

En esta competición tamén participa a nadadora do C. N. Santa Olaya e bolseira do CGTD, Aroa Silva Fidalgo en 400 e 1500 libre.