Dous récord de campionato batidos e dúas mellores marcas na primeira das tres xornadas do Cto. Galego de Natación Absoluto de Inverno que se está a celebrar en Pontevedra na piscina Rías do Sur do 3 ó 5 de xaneiro de 2021.
A presente edición está a ser un tanto especial debido á actual situación de pandemia producida pola COVID19, disputándose en durante as 3 primeiras sesións todas as probas femininas para continuar coas masculinas nas 3 últimas sesións.
Récords de campionato batidos:
- Cernadas González, Ana do C. Fluvial Lugo en 100 costas con 1:02:04.
- Remuda 4x50 estilos do C. N. Arteixo (GOMEZ TAIBO, Antia, GOMEZ LOPEZ, Noelia, OTERO FERNANDEZ, Paula, GOMEZ MESIAS, Alba) con 1:59.20.
Mellores Marcas batidas
- Cernadas González, Ana do C. Fluvial Lugo MMG 17 anos en 100 costas con 1:02:04.
- Cernadas González, Ana do C. Fluvial Lugo MMG 17 anos en 50 costas con 29:64.
Encanto á clasificación (de momento só hai feminina) o equipo que a lidera é::
Feminina: C. N. PONTEAREAS 326,00