Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta fin de semana, o C.N. Sant Andreu, onde milita o ferrolán Óscar Montes, xogou fronte ao C.N.A. Barceloneta, equipo favorito ao título de liga, cun resultado de 12 a 6 en contra. O 16 de xaneiro será o día para retomar a competición por parte do equipo catalán fronte ao C.N. Echeyde.

Pola súa banda, o C.N. Sabadell, onde xoga o pontevedrés Alejandro Andión, non xogou esta fin de semana, e terá o seu próximo partido o 16 de xaneiro fronte ao C.N. Mataró.

En categoría feminina, o C.D. Waterpolo 98 02, onde xoga a pontevedresa Marina Casado, xogou esta fin de semana fronte ao C.W. Marbella, con vitoria por 18 a 12 e unha achega de 4 goles por parte da xogadora galega. O seu próximo partido será tamén o 16 de xaneiro fronte ao Colexio Brains