Xornada de Rutinas técnicas júnior e Figuras alevín e infantil

20201221_art_rutinas

O sábado disputouse na piscina Rías do Sur de Pontevedra a 1ª xornada de figuras alevín e infantil e a xornada de rutinas técnicas júnior de natación artística.

Na competición de rutinas, en solo a vencedora foi Ana Moyano do C Sincro Ourense, seguida de Paula Riveiro do C Galaico Sincro e terceira María Pérez do R. C. N. Vigo.

En dúo, o primeiro posto foi para Ana Moyano e Rocío Blanco do C Sincro Ourense, seguidas de Carmen Borrajo e Candela Fidalgo do R. C. N. Vigo e terceiras Laura Gómez e Laura Yagüe tamén do R. C. N. Vigo.

Na rutina de equipos o primeiro posto foi para o C Sincro Ourense, o segundo e o terceiro posto foi para as rutinas 1 e 2 do R. C. N. Vigo.