As nadadoras María de Valdés Álvarez do C.N.Liceo, Paula Otero Fernandez do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD e Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya e bolseira do CGTD están convocadas para participar a fin de semana no Trofeo OPEN Castalia Castellón. María co equipo nacional absoluto e Paula e Aroa co equipo nacional júnior.
A esta competición tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora de natación do CGTD, como integrante do cadro técnico.