Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

20201201_wat_seguimento_2

Ante a situación difícil que nos tocou vivir, polo momento a actividade competitiva do wáter-polo galego permanece parada. Pero para as categorías nacionais non é así, e por tanto retomouse a competición. Galicia ten desde hai algúns anos representación, en primeiro lugar co ferrolán Óscar Montes Gómez, que empezou a súa andaina no C.N. Barcelona e actualmente no C.N. Sant Andreu, e posteriormente seguiu o seu ronsel o Pontevedrés Alejandro Andión, que empezou a tempada pasada nas filas do C.N. Sabadell.

Co obxectivo de realizar un seguimento se noso deportistas, comezamos co equipo de Óscar, o C.N. Sant Andreu, que disputou 4 partidos, con 2 vitorias e 2 derrotas, quedando con 6 puntos no grupo B de División de Honra Masculina, con 3 goles do xogador galego.

Pola súa banda, o C.N. Sabadell, no mesmo grupo, disputou 5 partidos, con 4 vitorias e 1 derrota. Aclarar que este ano, debido á situación do COVID-19, as ligas de División de Honra cambiaron o formato, disputando unha primeira fase con 6 equipos en cada un dos grupos.

Realizaremos un seguimento para ver como se desenvolve a actividade dos xogadores galegos en ligas nacionais, os cales son espellos onde a nosa canteira pode mirar e observar como, con esforzo e dedicación, conseguiron dar un paso máis aló e loitar polas súas metas deportivas.