LXIV Cto. de España Absoluto de Inverno P25

20201122_nat_antia

Esta fin de semana disputouse en Castellón o LXIV Campionato de España Absoluto de Inverno P25 no que a nadadora Antía García silva do C. N. Galaico estableceu un novo Récord Galego na proba de 50 bolboreta cun tempo de 27.93. Ademais acadou o posto 11 en 50 libre con 26.13.

Outros nadadores destacados foron:

Alba Gómez Mesías do C. N. Arteixo que foi sétima en 200 libre con 2:01.01, novena en 100 libre con 56.53, décima en 200 estilos con 2:19.21 e acadou o posto 12 en 50 libre con 26.23.

Mario Méndez Puga do C. N. Vigo Rias Baixas, que acadou o posto 14 en 400 estilos con 4:27.22.

Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya e bolseira do CGTD foi segunda en 800 libre con 8:36.75. Ademais foi cuarta en 400 libre con 4:11.42.

Tamén destacou Bea Gomez Cortés, que esta tempada participa co C. N. Santa Olaya proclamándose campioa de España en 800 libre con 8:30.30 e subcampioa en 400 libre con 4:09.30.

Sergio Campos Varela, tamén nadador galego no C. N. Santa Olaya foi terceiro en 50 costas con 24.54.

Acceso á web de resultados