O sábado disputouse na piscina do Club del Mar de San Amaro de A Coruña unha xornada de ámbito local da liga galega alevín de natación, no que está sendo o inicio da actividade competitiva nesta atípica tempada.
A competición estivo dividida en dúas partes. Primeiro competiron as nadadoras de categoría feminina, e ao rematar estas, realizouse a competición para a categoría masculina.