María de Valdés e Paula Otero co Equipo Nacional en Sierra Nevada

As nadadoras María de Valdés Álvarez do C.N. Liceo e Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolserira do CGTD, están convocadas para participar co Equipo Nacional Absoluto (ENA) nunha concentración en altura que se celebra en Sierra Nevada do 25 de outubro ao 19 de novembro.

Tamén está convocada co Equipo Nacional Absoluto de augas abertas, a nadadora Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya, bolseira do CGTD.

A esta actividade están convocados Luisa Domínguez e Fernando Zarzosa, adestradores de natación do CGTD que se turnarán durante a concentración.