Pablo Cabana e Carla Carrón, co Equipo Nacional ESP 2024 en Andorra

Os nadadores bolseiros do CGTD Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa, están convocados co Equipo Nacional ESP 2024 para participar nunha concentración de preparación xeral que terá lugar en Pas de la Casa - Andorra do 9 ao 17 de outubro.