María de Valdés e Paula Otero co Equipo Nacional en Francia

As nadadoras María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo e Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD están convocadas para participar co Equipo Nacional para participar no Meeting des Vendages que se disputa en Canet (Francia) os días 3 e 4 de outubro.

María vai participar en 400 estilos e 100, 200, 400 e 800 libre. Paula participará en 400 estilos, 100, 400 e 800 libre.

A esta competición tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD como integrante do cadro técnico.