IV Campionato Galego de Augas Abertas

20200914_aua_cto_gal

Onte domingo celebrouse o IV Campionato Galego de Augas Abertas no que foi o retorno á actividade de competición. O evento no que participaron máis de 320 nadadores pertencentes a 25 clubes galegos, disputouse no Encoro de Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra).

Queremos agradecer de xeito especial á Federación Galega de Piragüismo a súa inestimable colaboración ao ceder estas magníficas instalacións para poder desenvolver o campionato cumprindo con todos os requisitos de seguridade.

No plano deportivo, os vencedores individuais absolutos foron Bea Gómez Cortés do C. N. Galaico e Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo.

Por clubes, o C. N. Galaico foi o vencedor en categoría feminina e total, e o C. N. Ponteareas en categoría masculina.

No Campionato Máster o C. D. N. Cidade de Santiago venceu na categoría masculina, o C. N. Galaico na categoría feminina e o C. N. Ponteareas na total.

Enlace a vídeo resumen

Enlace a resultados