Campionato Galego de Augas Abertas contra o reloxo

20200909_aua_cto_gal_cartel

O domingo 13 de setembro vaise disputar o Campionato Galego de Augas Abertas na modalidade de contra o reloxo no Encoro de Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra). A proba que é para federados pertencentes a clubes galegos, vaise disputar sobre unha distancia de 2000 metros para as categorías infantil, júnior-1, júnior-2, sénior e máster, mentres que para a categoría alevís, a distancia será de 1000 metros.

O prazo de inscrición remata o luns 7 de setembro.

O cambio de data e a modificación da normativa para adaptarse a os protocolos COVID-19, foi aprobada no día de onte pola Comisión Delegada da Federación Galega de Natación.

Consulta a circular 19-23 premendo aquí.