María de Valdés, Aroa Silva e Gaspar Andrade co Equipo Nacional de Augas Abertas en Italia

Os nadadores María de Valdés Álvarez e Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo, e a nadadora bolseira do CGTD Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya, están convocados para participar co Equipo Nacional Absoluto e Júnior-2 de Augas Abertas, no Campionato de Italia que se disputa do 18 ao 21 de agosto en Piombino.

Previamente, estarán concentrados dende o día 12 en Gesport Polisportiva Dilettantistica (Cascina PISA).

Os tres van a participar, o martes 18 na proba de 10K, o mércores 19 na de 2,5K e o venres 21 na de 5K.

A esta concentración e competición, tamén está convocado Fernando Zarzosa, adestrador de natación do CGTD, como integrante do cadro técnico.