Paula Otero co Equipo Nacional de natación júnior

20200802_nat_paula

A nadadora Paula Otero Fernández do C.N. Arteixo e bolseira do CGTD, está convocada para participar co Equipo Nacional de natación júnior na concentración de verán ESP-2024 que terá lugar en Málaga do 3 ao 12 de agosto.

Ao rematar a concentración, participará co Equipo Nacional absoluto e júnior no Meeting de Portugal que se vai disputar do 14 ao 16 de agosto en Loulé.

A esta concentración e competición tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD, como integrante do cadro técnico.