María de Valdés e Gaspar Andrade en Sierra Nevada
Os nadadores do C. N. Liceo María de Valdés Álvarez e Gaspar Andrade Budiño, están convocados para participar co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas nunha concentración que terá lugar en Sierra Nevada do 22 de xullo ao 11 de agosto.
A esta actividade tamén está convocado Jesús de la Fuente, adestrador do C. N. Liceo como integrante do cadro técnico.