Inicio da normalidade

20200614_DOG_120620

O luns Galicia abandona o estado de alarma e entramos a unha nova etapa de normalidade con algunhas restricións que irán sendo modificadas progresivamente.

Este mesmo luns pola tarde está convocada unha reunión do Secretario Xeral para o Deporte, Sr. Lete Lasa, coas Federacións Deportivas Galegas na que se informará sobre diferentes aspectos desta nova etapa entre os que están os protocolos a seguir para o reinicio de moitas das actividades.

A finais de semana, está previsto facer unha nova vídeo conferencia do Presidente da FEGAN cos Presidentes dos Clubes Galegos, os cales serán convocados oportunamente.

Sección do DOG do 12-06-20 "DOG" na que se fai referencia á actividade e instalacións deportivas, asistencia de público en instalacións deportivas e especificamente, piscinas .

Acceso a DOG do 12_06_20 completo