Charla con Felipe Perrone

20200604_wat_felipe_perrone

En apenas 48 horas, o wáter-polo galego tivo a oportunidade de estar xunto a dous dos mellores deportistas internacionais de wáter-polo. Onte foi Felipe Perrone Rocha o que estivo a responder todas as dúbidas dos nosos deportistas. Foi unha sesión moi produtiva onde das súas palabras saían leccións de humildade e constancia dignas de ser escoitadas e postas en práctica por todos os deportistas. Tanto Maica o luns como Felipe onte foron dous exemplos que esperamos velos en Galicia nun futuro próximo, grazas aos dous.