Reunión técnica de Wáter-polo

Na xornada matinal deste domingo, a Área Técnica de Wáter-polo reuniuse cos responsables técnicos dos clubs de wáter-polo para informar dos diferentes protocolos de volta á competición que se están elaborando e poñer ao día de todas as novidades.

Tamén se explicou o procedemento para as charlas de wáter-polo programadas para esta semana que empezarán o luns ás 20:00 h coa internacional española Maica Garcia Godoy.