Curso de árbitros de Augas Abertas

20200517_cga_aua

Realizouse o curso para árbitros de augas abertas que tivo unha duración de case 3 horas, cunha participación de 58 árbitros do cga. Foi un curso moi ameno e participativo no cal se tocaron puntos como o regulamento xeral de augas abertas nacional, cos matices do de Galicia, tocáronse regulamentos tales como o do circuíto e o campionato galego, ademais de dar pautas e consellos por parte de árbitros nacionais do CGA.

O curso tivo unha moi boa acollida e o CGA continuará con esta serie de cursos e seminarios en todas as disciplinas.