Cancélanse os calendarios de competicións

A Comisión Delegada aprobou en reunión celebrada o venres 15, cancelar os calendarios oficiais de competicións de todas as modalidades deportivas aprobados na Asemblea Xeral celebrada o pasado 25 de outubro de 2019. Nas ligas das distintas disciplinas non se proclama campión e déixase sen efecto posibles ascensos ou descensos.

Ao mesmo tempo abre a posibilidade para celebrar competicións unha vez rematada a fase de desescalada.