Curso de árbitros de Augas Abertas

O sábado 16 de maio realizarase un curso para árbitros de augas abertas. Devandito curso realizarase a través da plataforma Zoom ás 17:00 horas.

O curso é pechado, con invitación. Os requisitos para poder participar son:

- Ter licenza en activo na presente tempada como árbitro do Comité Galego de Árbitros.

- Enviar por correo electrónico a solicitude de querer participar ao correo vogalia.aua.cga@fegan.org, especificando nome e apelidos, delegación á que pertence e un correo electrónico ao cal se lle enviará a invitación para participar.

- A data límite para a inscrición será o xoves 14 de maio ás 20:00 horas.