Tecnificación de Natación Artística

20200512_art_tec

O pasado sábado 9 de maio realizouse a segunda sesión en conxunto con 5 paises na que Galicia foi representada polas nadadoras junior e senior dos clubs de natación artística, así como as 9 nadadoras 2006-2008 que foron seleccionadas para a semana pasada.

O traballo que se realizou consistiu nunha sesión teórico-práctica de regulamento coa recoñecida mundialmente Vitoria Montedónico (FINA xuíz A) quen orientou toda a parte teórica entre tanto a nosa directora técnica Sandra Montes realizaba exercicios aplicados ao regulamento exposto. Na sesión tamén estiveron presente o Estadio Maior (Santiago de Chile), o club OvarSincro (Portugal), a liga de Natación de Antioquia (Medellín, Colombia), o centro de perfeccionamento de Bogotá (Colombia) e o club Biguá (Uruguai).

As nadadoras galegas aprenderon moito da sesión e esperan pronto poñer em práctica todo o que lles foi transmitido no seu hábitat preferido.

O vindeiro xoves 14 de maio todas as nadadoras de artística galegas van ter unha oportunidade única na vida! Van ter un encontro coa olímpica Svetlana Romashina (atleta rusa 5 veces campioa olímpica, 21 veces campioa do Mundo e 10 medallas de ouro en campionatos de Europa) onde lle poderán facer preguntas e compartir experiencias.

A natación artística galega está máis internacional que nunca! Non vos perdades novas actualizacións.