Anna Vives coa Natación Artística

20200509_art_tec_anna

O xoves pasado foi un día moi produtivo para a natación artística Galega. As adestradoras tiveron a oportunidade de compartir unha charla de psicoloxía do deporte con Anna Vives, ex-adestradora da selección española de natación artística. Anna, quen é Licenciada en Psicoloxía e ten un máster en Psicoloxía do Deporte, contounos as súas vivencias e experiencias profesionais.

Pola tarde do mesmo xoves realizouse a terceira sesión de tecnificación coa asistencia de 26 nadadoras dos diferentes clubs galegos nadas entre o 2006 e 2010. A presenza das adestradoras foi notable unha vez máis.

Sandra Montes nesta ocasión centrouse nun quecemento de baile e coordinación, unha parte principal moi orientada ao traballo tonificación de core e brazos, continuando cunha parte máis específica de técnica erematou con traballo de flexibilidade, mobilidade angular e volta á calma.

É notable a mellora das deportistas en moitos aspectos físicos durante esta situación. Nun ámbito de “normalidade” non podemos ter tanta incisión física debido á complexidade do noso deporte, polo que estamos moi contentas coa implicación das nosas deportistas e adestradoras galegas.

O sábado 9 de Maio teremos o segundo encontro internacional no que teremos a participación dos mesmos países, as mesmas nadadoras seleccionadas galegas e abriremos as portas ás nadadoras da categoría júnior-sénior.