Tecnificación de Natación Artística

20200501_tec_art_reunión

O pasado xoves 23 de Abril realizouse unha sesión de tecnificación un pouco diferente do habitual debido ao estado de alarma en que nos atopamos.

Dita sesión foi impartida de maneira on- line por Sandra Montes quen realizou anteriormente unha selección de nadadoras entre os anos 2006 e 2010. O evento tivo tamén ampla participación de adestradoras dos clubs Galegos.

O traballo que se expuxo foi de acondicionamento físico e prepraración física xeral, cunha parte máis específica de técnica de natación artística e rematou con bastante traballo de flexibilidade e volta á calma.

As deportistas aproveitaron a sesión e xa estás listas para vindeiros desafíos. A seguinte sesión de adestramento on- line está programada para o xoves día 30 de abril e podemos adiantar que veñen moitas sorpresas para a natación artística Galega.