Charla con Oscar Montes e Iago Roel

20200427_wat_oscar_ins

20200427_wat_iago_ins

O domingo tivemos a oportunidade de asistir a unhas charlas en directo nas que Kike García, director técnico de Wáter-polo, falou co xogador internacional galego Óscar Montes, agora nas filas do CN Sant Andreu, e co psicólogo deportivo Iago Roel.

Oscar comentou a súa evolución dende os seus inicios no wáter-polo galego co Club Marina Ferrol, ate á actualidade como xogador internacional en categorías de idades e as primeiras experiencias como absoluto.

Na súa charla, Iago compartiu parte de súa experiencia e coñecemento sobre a importancia de determinados valores na formación dos deportistas.